Quen somos?
A nosa historia comeza nunha academia diferente, fai xa uns aniños, onde Inés daba clase: Triskel. No ano 2020 tivo que pechar pola pandemia, pero non quería abandonar aos seus alumnos así que continuou dando clases de maneira independente aínda que tan só das asignaturas relacionadas con letras. Foi pasando o tempo e as súas clases xa tiñan nome, Nébedas, crecendo e crecendo ata que se incorporou o noso profe de ciencias: Brais. Por fin ofrecíamos todas as asignaturas de secundaria!
Inés estudou o Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios na Universidade da Coruña e comezou a dar clases particulares nada máis cumprir a maioría de idade, aínda que de maneira espontánea na academia de seu pai e tan só en verán. Despois de incorporarse a Triskel en Carballo xa formara a súa familia nesta academia, creando un ambiente libre, creativo e familiar no que o alumnado se sentía seguro e motivado. Fundou a Academia Nébedas repetindo esta metodoloxía de comprensión e motivación e ata o día de hoxe! A súa especialidade son todas as asignaturas de letras do instituto, pero a súa favorita é historia.
Brais estudou o Grao en Física na Universidade de Santiago de Compostela e comezou a dar clases particulares fai xa media década, posto a proba polo alumnado de Nébedas aprobando con nota e mellorando todos os anos empatizando e adaptándose á perfección ao ambiente da academia. A súa especialidade son todas as asignaturas de ciencias do instituto, pero a súa favorita é matemáticas.
Síntete libre de vir a coñecernos!